mércores, 30 de maio de 2018

Ola! Hoxe é un día triste, porque o taller de Biblioteca acábase. Non me podo crer que o curso xa acabe e que non vaia a volver ver aos meus amigos ata o ano que vén. Desde aquí quero darlles as grazas por cada risa e aventura que gocei con eles cada mércores. Iso si, antes de irme vou deixar unha cousa moi guai, pero mellor pospoñémolo a dentro duns días, porque quero buscar os mellores libros da biblioteca e facer unha lista de recomendacións para o verán. Espero que este verán gocédelo moito, que descansedes despois de tanto exame e que vos mergulledes en moitos libros. Moitos bicos, Rasi.

As normas da biblioteca


  1. Se é preciso falar, facelo en baixiño.
  2. Avisa a un profe se queres facer uso da biblioteca.
  3. Lembra deixar todo como o atopaches(libros, cadeiras, etc.)
  4. Recorda que na biblioteca evitamos introducir alimentos e bebidas.
  5. Non te esquezas de dicirlle a o profe encargado que anote o libro que queres levar ou que devolves.
  6. Coida de todo o material da biblioteca, xa que é beneficioso para todos.
  7. Devolve os libros no prazo, ou renova o préstamo, así todos podemos vernos beneficiados.
  8. A biblioteca é un lugar máxico para ler historias que nos leven a outros mundos, para informarse, para estudar ou para disfrutar dos libros.
  9. A biblioteca non é para refuxiarnos os días de chuvia.


mércores, 9 de maio de 2018


Ola! Desde o cole pensamos que a lectura hai que iniciala desde pequeniños, así que os meus amigos de terceiro de ESO non dubidan en ir a xunto dos pequenos do cole. Mira que contacontos máis guapos temos!






Bicos, Rasi!

mércores, 2 de maio de 2018

Feliz día do libro!!

Ola! O día do libro celebrouse no cole dunha forma máis que entrañable. Os profes e alumnos de toda Primaria xunto a 1º de ESO puxéronse na pel dun poeta e entre Antonio Machado, Jose Espronceda e moitos máis os meus amigos tiveron o pracer de aprender un pouco máis da arte de escribir.















Bicos!