Biblioteca NSCarmen
Ques saber máis sobre a túa biblioteca? Non te perdas todas as novidades. E recorda, para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un bo libro.
mércores, 30 de maio de 2018
Ola!
Hoxe é un día triste, porque o taller de Biblioteca acábase. Non me podo crer que o curso xa acabe e que non vaia a volver ver aos meus amigos ata o ano que vén. Desde aquí quero darlles as grazas por cada risa e aventura que gocei con eles cada mércores.
Iso si, antes de irme vou deixar unha cousa moi guai, pero mellor pospoñémolo a dentro duns días, porque quero buscar os mellores libros da biblioteca e facer unha lista de recomendacións para o verán.
Espero que este verán gocédelo moito, que descansedes despois de tanto exame e que vos mergulledes en moitos libros.
Moitos bicos, Rasi.
As normas da biblioteca
- Se é preciso falar, facelo en baixiño.
- Avisa a un profe se queres facer uso da biblioteca.
- Lembra deixar todo como o atopaches(libros, cadeiras, etc.)
- Recorda que na biblioteca evitamos introducir alimentos e bebidas.
- Non te esquezas de dicirlle a o profe encargado que anote o libro que queres levar ou que devolves.
- Coida de todo o material da biblioteca, xa que é beneficioso para todos.
- Devolve os libros no prazo, ou renova o préstamo, así todos podemos vernos beneficiados.
- A biblioteca é un lugar máxico para ler historias que nos leven a outros mundos, para informarse, para estudar ou para disfrutar dos libros.
- A biblioteca non é para refuxiarnos os días de chuvia.
mércores, 9 de maio de 2018
mércores, 2 de maio de 2018
Feliz día do libro!!
Ola!
O día do libro celebrouse no cole dunha forma máis que entrañable. Os profes e alumnos de toda Primaria xunto a 1º de ESO puxéronse na pel dun poeta e entre Antonio Machado, Jose Espronceda e moitos máis os meus amigos tiveron o pracer de aprender un pouco máis da arte de escribir.
Bicos!
mércores, 25 de abril de 2018
Ola!
A semana cultural chega ao cole e a nosa profe de inglés está moi emocionada. Cristina non dubida en preparar cousas super chulas con todos o meu amigo de primaria. Como ides ver nun pouco, teño uns amigos actores e actrices, e nun dicir amén móntannos un espectáculo propio de Broadway. Pero mellor que vós mesmos poidádelo ver.
Bicos, Rasi <3
mércores, 11 de abril de 2018
Temos que celebralo!
Ola!
Chégannos cousas novas e temos que celebralo, non? Pois dito e feito, e na biblioteca montamos unha celebración en nada, con globos e todo! É que a chegada de libros como os de Harry Potter ou de xogos como o Cluedo merécense unha festa.
Pero faltas ti para que estea ao completo, vés xogar comigo?
Bicos, Rasi <3
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)