mércores, 30 de maio de 2018

Ola! Hoxe é un día triste, porque o taller de Biblioteca acábase. Non me podo crer que o curso xa acabe e que non vaia a volver ver aos meus amigos ata o ano que vén. Desde aquí quero darlles as grazas por cada risa e aventura que gocei con eles cada mércores. Iso si, antes de irme vou deixar unha cousa moi guai, pero mellor pospoñémolo a dentro duns días, porque quero buscar os mellores libros da biblioteca e facer unha lista de recomendacións para o verán. Espero que este verán gocédelo moito, que descansedes despois de tanto exame e que vos mergulledes en moitos libros. Moitos bicos, Rasi.

As normas da biblioteca


  1. Se é preciso falar, facelo en baixiño.
  2. Avisa a un profe se queres facer uso da biblioteca.
  3. Lembra deixar todo como o atopaches(libros, cadeiras, etc.)
  4. Recorda que na biblioteca evitamos introducir alimentos e bebidas.
  5. Non te esquezas de dicirlle a o profe encargado que anote o libro que queres levar ou que devolves.
  6. Coida de todo o material da biblioteca, xa que é beneficioso para todos.
  7. Devolve os libros no prazo, ou renova o préstamo, así todos podemos vernos beneficiados.
  8. A biblioteca é un lugar máxico para ler historias que nos leven a outros mundos, para informarse, para estudar ou para disfrutar dos libros.
  9. A biblioteca non é para refuxiarnos os días de chuvia.


mércores, 9 de maio de 2018


Ola! Desde o cole pensamos que a lectura hai que iniciala desde pequeniños, así que os meus amigos de terceiro de ESO non dubidan en ir a xunto dos pequenos do cole. Mira que contacontos máis guapos temos!






Bicos, Rasi!

mércores, 2 de maio de 2018

Feliz día do libro!!

Ola! O día do libro celebrouse no cole dunha forma máis que entrañable. Os profes e alumnos de toda Primaria xunto a 1º de ESO puxéronse na pel dun poeta e entre Antonio Machado, Jose Espronceda e moitos máis os meus amigos tiveron o pracer de aprender un pouco máis da arte de escribir.















Bicos!


mércores, 25 de abril de 2018

Ola! A semana cultural chega ao cole e a nosa profe de inglés está moi emocionada. Cristina non dubida en preparar cousas super chulas con todos o meu amigo de primaria. Como ides ver nun pouco, teño uns amigos actores e actrices, e nun dicir amén móntannos un espectáculo propio de Broadway. Pero mellor que vós mesmos poidádelo ver.




















Bicos, Rasi <3

mércores, 11 de abril de 2018

Ola! A biblioteca está a volverse un non parar e xa case me esquecía de ensinarvos o noso nadal. Entre adornos e xogos este foi un dos mellorer nadais da miña vida sen dúbida, pero mellor déixoche unha fotos para que ti mesmo o poidas ver.






Bicos, Rasi <3

Temos que celebralo!

Ola!
Chégannos cousas novas e temos que celebralo, non? Pois dito e feito, e na biblioteca montamos unha celebración en nada, con globos e todo! É que a chegada de libros como os de Harry Potter ou de xogos como o Cluedo merécense unha festa.
Pero faltas ti para que estea ao completo, vés xogar comigo?
Bicos, Rasi <3

mércores, 21 de marzo de 2018

Ola! Hoxe quero falarvos dunha iniciativa super guai que os profes do noso cole están a levar a cabo na biblioteca desde este curso, e como din na Voz de Galicia, están a tentar ensinar a ler e a escribir a un grupo de senegaleses cos que comparto pobo desde fai pouquiño.
Moitos homes viñeron a Fisterra en busca dunha vida mellor, e non só atoparon iso, senón que grazas aos profesores poden conseguir unha educación xusta para eles, e en ocasións, tamén para os seus fillos. Dá gusto compartir cole con xente tan colaborativa e humilde á mesma vez, xa que levan xa 2 cursos facéndoo, e eu acábome de decatar.



Déixoche a ligazón ao xornal por se queres ler a noticia enteira:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/03/10/fisterra-trabajas-aprendes-leer/0003_201803G10P10995.htm

Biquiños, Rasi <3

mércores, 7 de marzo de 2018

Adiós ríos, adiós fontes


Adiós ríos, adiós fontes

adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,

terra donde m’eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,

pinares que move o vento,

paxariños piadores,

casiña d’o meu contento.

Muiño dos castañares,

noites craras do luar,

campaniñas timbradoiras

da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras

que eu lle daba ó meu amor,

camiñiños antre o millo,

¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!

¡Deixo a casa onde nacín,

deixo a aldea que conoso,

por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,

deixo a veiga polo mar;

deixo, en fin, canto ben quero…

¡quén puidera non deixar!

[…]
Adiós, adiós, que me vou,

herbiñas do camposanto,

donde meu pai se enterrou,

herbiñas que biquei tanto,

terriña que nos criou.
[…]
Xa se oien lonxe, moi lonxe,

as campanas do pomar;

para min, ¡ai!, coitadiño,

nunca máis han de tocar. […]¡Adiós tamén, queridiña…


Adiós por sempre quizáis!…
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,

si morro de soidás…

tantas légoas mar adentro…

¡Miña casiña!, ¡meu lar!








Colaborando coa asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
 #AbrideAFiestra
Ola!! Este entroido disfraceime de construtor e crinme tanto o papel que me puxen de reforma na biblioteca. Despedímonos duns andeis, porque o irmán Goyo fíxonos unhas chulísimas. Ah! Tamén cambiamos a cor das paredes, nunha tarde co irmán Eustasio, xunto a Goyo, quedou estupenda. Así que che convido a que veñas vela e namóresche tanto dela como eu.
O antes:


O despois:





Bicos, Rasi <3