mércores, 21 de marzo de 2018

Ola! Hoxe quero falarvos dunha iniciativa super guai que os profes do noso cole están a levar a cabo na biblioteca desde este curso, e como din na Voz de Galicia, están a tentar ensinar a ler e a escribir a un grupo de senegaleses cos que comparto pobo desde fai pouquiño.
Moitos homes viñeron a Fisterra en busca dunha vida mellor, e non só atoparon iso, senón que grazas aos profesores poden conseguir unha educación xusta para eles, e en ocasións, tamén para os seus fillos. Dá gusto compartir cole con xente tan colaborativa e humilde á mesma vez, xa que levan xa 2 cursos facéndoo, e eu acábome de decatar.



Déixoche a ligazón ao xornal por se queres ler a noticia enteira:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/03/10/fisterra-trabajas-aprendes-leer/0003_201803G10P10995.htm

Biquiños, Rasi <3

mércores, 7 de marzo de 2018

Adiós ríos, adiós fontes


Adiós ríos, adiós fontes

adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,

terra donde m’eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,

pinares que move o vento,

paxariños piadores,

casiña d’o meu contento.

Muiño dos castañares,

noites craras do luar,

campaniñas timbradoiras

da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras

que eu lle daba ó meu amor,

camiñiños antre o millo,

¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!

¡Deixo a casa onde nacín,

deixo a aldea que conoso,

por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,

deixo a veiga polo mar;

deixo, en fin, canto ben quero…

¡quén puidera non deixar!

[…]
Adiós, adiós, que me vou,

herbiñas do camposanto,

donde meu pai se enterrou,

herbiñas que biquei tanto,

terriña que nos criou.
[…]
Xa se oien lonxe, moi lonxe,

as campanas do pomar;

para min, ¡ai!, coitadiño,

nunca máis han de tocar. […]¡Adiós tamén, queridiña…


Adiós por sempre quizáis!…
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,

si morro de soidás…

tantas légoas mar adentro…

¡Miña casiña!, ¡meu lar!








Colaborando coa asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
 #AbrideAFiestra
Ola!! Este entroido disfraceime de construtor e crinme tanto o papel que me puxen de reforma na biblioteca. Despedímonos duns andeis, porque o irmán Goyo fíxonos unhas chulísimas. Ah! Tamén cambiamos a cor das paredes, nunha tarde co irmán Eustasio, xunto a Goyo, quedou estupenda. Así que che convido a que veñas vela e namóresche tanto dela como eu.
O antes:


O despois:





Bicos, Rasi <3